Angry Birds Star Wars é un videoxogo desenvolvido pola compañía finesa Rovio Mobile, que é un crossover entre a franquía Star Wars e a de Angry Birds. Foi lanzado o 8 de novembro de 2012, primeiro para Windows, iOS e Android, e posteriormente para macOS e BlackBerry. O xogo é o sexto título da serie Angry Birds. As personaxes son as mesmas que as da dobre triloxía de George Lucas. O 18 de xullo de 2013, Rovio anunciou que Angry Birds Star Wars estaría dispoñible para PlayStation 3, PlayStation Vita, Xbox 360, Wii, Wii U e Nintendo 3DS en colaboración con Activision. En agosto de 2013, o xogo fora descargado máis de 100 millóns de veces nas distintas plataformas. O 15 de xullo de 2013, Rovio anunciou unha secuela, titulada Angry Birds Star Wars II. Está baseada na triloxía precuela e na serie de televisión Star Wars Rebels. Angry Birds Star Wars II foi lanzado o 18 de setembro de 2013.